[Manifesto] Máis Alá! Por un cambio de rumo no nacionalismo galego

Documento que analiza a situación do BNG na altura e os resultados electorais do 1 de marzo de 2009.

Extracto:

Así as cousas, os resultados electorais do pasado 1 de marzo, aínda que non totalmente agardados, tampouco nos poden resultar estraños ao devalar político da nosa organización nos últimos tempos, xa que non son máis que anconstatación de que o rumbo que está a levar o BNG está lonxe de ser o idóneo, coa modulación das mensaxes políticas (tanto no contido social como no nacional) e un funcionamento organizativo no que a participación da
militancia deixou de ser o eixo central sobre o que ir construíndo as nosas actuacións políticas
.

Por iso mesmo, calquera análise que se pretenda realizar do acontecido nas eleccións de marzo non pode ser feita única e exclusivamente á luz do devandito proceso electoral, nin tampouco como avaliación dunha acción de goberno, a do bipartito BNG-PSOE, na que, malia ser a forza minoritaria do Executivo galego, o BNG demostrou sen dúbida unha mellor capacidade de xestión e de iniciativa que o seu socio no Goberno, socio que mesmo chegou a practicar a deslealdade a respecto de diversas iniciativas nacionalistas.

Porén, a falta dunha visión política de longo alcance, por mor do repregue estratéxico do BNG como forza política en torno á “acumulación de forzas no institucional”, impediu que o paso polo goberno autonómico servise para avanzar no proceso de autodeterminación nacional, favorecese o afortalamento de consciencia e comunidade nacional e iniciase a construción doutro modelo de sociedade.

Comparte:

As últimas entradas

Sumar para construír a folla de ruta do soberanismo do s.XXI

Nota: o texto que reproducimos a continuación forma parte das teses aprobadas na nosa 3ª Asemblea Nacional. Ao longo da historia do Movemento Galego ao Socialismo temos traballado na procura de propostas estratéxicas e tácticas para o avance do conxunto do soberanismo. Neste