A revolución democrática pola liberdade de Cataluña
chegou a un punto de inflexión no que, sendo evidente
o moito que se avanzou no proceso, tamén o é que
non conseguiu ainda concretizar os seus obxectivos, polo que
está nunha fase de debate sobre as tácticas e estratexias a
seguir de aquí en diante. Independentemente deses debates
e dos acontecementos mais recentes e inmediatos, vemos vemos
necesario analizar o percorrido desta experiencia ainda
en marcha, e tirar algunhas conclusións que nos sirvan para
avanzar no noso propio camiño como pobo tamén negado polo
Estado Español.
Son moitas as leccións que o proceso soberanista catalán, a
maior ameaza que enfrentou até hoxe o réxime postfranquista
español pode ensinarnos de cara a abrirmos un camiño propio
de ruptura. Tentaremos analizar algunas delas.