Máis un ano, e a pesar da chuvia, organizamos en Imo o noso acto de homenaxe a Moncho Reboiras, no cemiterio onde está soterrado.
Para lembrar e honrar o seu exemplo militante e reiterar a necesidade de continuar a loita pola que el deu a vida, contamos coas intervencións de Xoan Bautista Abuin, que falou en nome do BNG de Dodro, Xan Fernando, da Mesa Nacional de Isca!, e Susana Camba, membro da MN do MGS e da Executiva Nacional do BNG.
Coa música acompañounos o Leo, nun acto que culminou coa ofrenda floral ante a tumba de Reboiras e co canto da Internacional e o nos Hino Nacional.
Posteriormente, como xa é tradicional, celebramos un xantar popular, desta volta no local viciñal de San Xoan de Laíño.
A loita continúa!