Hoxe, 12 de agosto, o MGS celebrou un acto no cemiterio de Imo (no concello de Dodro), perante a tumba de Moncho Reboiras, asasinado hai 34 anos pola policía española en Ferrol.
Ás intervencións dos nosos compañeiros Xosé Vicente e Uxío-Breogán Diéguez, que falaron sobre a importancia -hoxe máis que nunca- de lembrar e recuperar a figura de Reboiras, seguiulles a colocación dun ramo de flores e o canto da Internacional e do Himno Galego por parte dos alí presentes.
Este acto, que terá continuidade en anos seguintes, pretende servir como modesta homenaxe da nosa organización a un militante exemplar, a quen o seu compromiso levouno a der até a vida polo proxecto política no que cría e cremos.
Como dicía o lema do acto, para nós a mellor homenaxe non é outra que continuar a loita, construindo poder popular até chegar a ver feito realidade o soño polo que loitou Moncho, unha Galiza Ceibe e socialista.